Tanatorio - Crematorio

A idea nace dun soño, é un lugar onde desexo proporcionar todo o necesario cando morre un ser querido. No momento máis difícil confíe na nosa axuda.

O Tanatorio-Crematorio está situado na bisbarra de Ancares, concretamente en Becerreá, onde é a súa porta.

Conta no seu interior con 1 vestíbulo, 2 salas de excepcional calidade, capela de gran capacidade, columbario interior e exterior, cafetaría, servizo de floraría, un parque memorial de 1000 m2 onde poder relaxarse e amplo aparcadoiro en superficie. Todo o tanatorio dispón de calefacción por chan radiante, aire acondicionado, rexeneración de aire puro, fío musical, pantallas de visualización, etc

Ademais dispón no mesmo recinto dun forno crematorio da máis moderna tecnoloxía, de concepción especial, para o cumprimento máis esixente da normativa ambiental e sanitaria.

Misión

GRUPO XIRON é unha organización privada dedicada á prestación de servizos funerarios a través dunha atención persoal de calidade aos achegados do falecido, xestionando e respondendo ás súas necesidades de forma eficaz e mantendo en todo un forte compromiso ético.

Valores

  1. Manter un esforzo permanente por crer e mellorar de acordo cos seus valores éticos e de compromiso cos achegados.
  2. Propiciar o progreso persoal e profesional dos seus empregados.
  3. Aliviar e mitigar a dor das familias mediante un comportamento respectuoso cara ás persoas.
  4. Xerar sistemas e procesos de traballo eficientes suxeitos á innovación e mellora continua.
  5. Manter un compromiso permanente co medio respectando o ámbito natural, optimizando o consumo de enerxía e usando materiais reciclables ou biodegradables.